Obradoiro creativo o 14 de maio en Sarria

SarriaXa
O obradoiro será impartido por X. Lois Gutiérrez, profesor de Historia da Arte e Cultura Visual no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.
obradoiro foto o garaxe sarria
29 Apr 2021

O obradoiro Mirar de través. Modos de ver ó cotián será impartido por X. Lois Gutiérrez Faílde, profesor de Historia da Arte e Cultura Visual no IES Xograr Afonso Gómez da vila de Sarria. A celebración de dita actividade será o 14 de maio en O Garaxe, en Sarria, de 17:00 a 20:00 horas.

O obradoiro ten como obxectivo descubrir unha maneira máis atenta de desenvolver a sensibilidade creativa a través dun exercicio de atención e contemplación a través de obxetos cotiás. Aprenderase a mirar e a fotografíar. Finalmente, realizarase un pequeno fotolibro, a modo de fanzine, para levar de recordo desta experiencia.

A actividade é gratuita e as prazas están limitadas a 10 persoas (de 12 a 16 anos) e serán adxudicadas por orde de inscrición ata completar aforo. Para reservar a praza hai que chamar ao 982 530 086 ou ogaraxesarria@gmail.com.

Debido a situación hixiénico-sanitaria derivada do COVID-19, tanto na aula como nos espacios manteranse as distancias de seguridade, ademais doutras medidas e protocolos con carácter obrigatorio.

0.14391016960144