Obradoiro de lettering no Garaxe de Sarria

SarriaXa
O vindeiro 22 de maio farase un obradoiro de lettering no Garaxe dirixido a todas aquelas persoas amantes das letras e das manualidades.
taller o garaxe
11 Maio 2021

O vindeiro sábado 22 de maio farase un obradoiro de lettering no Garaxe, en Sarria. Este obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas amantes das manualidades e das letras e estará impartido por Estefanía, creadora de @ limonada_ feito_a_ man.

Estafanía é unha apaixoada das manualidades, de reutilizar e decorar obxectos para darlles unha segunda vida e, tras dous anos de experiencia, aterra no espazo do garaxe para ensinar sobre o mundo do lettering.

O obradoiro consistirá dunha parte teórica na que se ensinarán as diferenzas entre caligrafía, lettering e tipografía e, posteriormente, de varias prácticas utilizando o rotulador Tombow Abt dual brush (rotulador de punta pincel).

Coa axuda duns persoais e o seu acompañamento, todos os que participen poderán facer todas as letras e, unha vez dominada a técnica, farán todos os nomes e palabras que gusten, así como aprender a darlles sombra.

O obradoiro será de 10:00 horas a 14:00 horas. A inscrición son 40€, con todos os materiais incluídos; ademais de poder levalos a casa trala actividade.

Para reservar praza pódese ir presencialmente ao espazo do Garaxe, na avenida Becerreá 20-22; por correo ogaraxesarria@gmail.com ou chamando ao 982530086. Hai prazas limitadas.

cartel taller o garaxe
0.098387002944946