Obradoiro de macramé o vindeiro sábado en Sarria

SarriaXa
O vindeiro sábado 12 de xuño, O Garaxe de Sarria acolle un obradoiro de macramé no que se ensinarán os nós básicos desta técnica.
xardineira planta
7 Xuño 2021

O vindeiro sábado 12 de xuño, O Garaxe de Sarria acolle un obradoiro de macramé no que se ensinarán os nós básicos desta técnica e se farán deseños de tapiz-xardineira para colgar plantas, entre outras. O evento comezará ás 10:00 horas e terá un custo de 42 euros con materiais incluídos (a excepción da maceta).

O obradoiro está dirixido por Patricia de Leon, máis coñecida como Macramano, quen creou recentemente o estudio A Leira.

Hai límite de aforo polo que é preciso reservar unha praza. Para máis información ou para inscribirse pódese contactar co Garaxe a través das redes sociais ou no correo ogaraxesarria@gmail.com.

macrame
0.10701990127563