Oito novos xogadores conformarán o equipo da SD Sarriana na nova tempada

SarriaXa
Xa comezaron os adestramentos da SD Sarriana da pretempada co cadro de xogadores conformado por renovados e novas fichaxes.
Adestramento pretempada SD Sarriana
8 Ago 2023

Xa comezaron os adestramentos da SD Sarriana da pretempada co cadro de xogadores conformado por renovados e novas fichaxes.

O equipo da S.D. Sarriana prepárase para a nova tempada, na que haberá varias novas incorporacións que substituirán a parte do cadro de xogadores desde equipo de fútbol de Sarria que acadou este ano o ascenso a 3ªRFEF.

En primeiro lugar, anunciaron os xogadores que xa non formarán parte do equipo nesta nova tempada 2023/2024 e estes son Óscar Rivas, Omar, Julio Camba, Marino, David Echevarri, Javi Pita, Agustín, Diego Ferreiro e Hamza. A todos eles quixéronlles dar as grazas desde a entidade polo seu esforzo e traballo.

Por outra banda, comunicaron tamén os xogadores que renovan no equipo, que son Pedro López, defensa central; Javi Liz, porteiro; Edgar Redondo, defensa central; Jacobo Vilariño, mediocentro; Arona Sané, extremo; Ruchi, defensa central; Keko Vilariño, mediocentro; Álvaro Herreo, extremo; Adri Díaz, mediocentro; Brais Prieto, mediocentro; Diego Rey, extremo; e Pablo Rey, lateral.

Equipo técnico

En canto ao equipo técnico, Pedro Castro será o coordinador de futbol-8 da SD Sarriana esta vindeira tempada 23/24, compatibilizando estes labores cos de adestrador do equipo infantil.

Pola súa parte, Raúl Fernández será o coordinador de fútbol base (11) da SD Sarriana esta vindeira tempada 23/24 e farao á vez que adestra o equipo xuvenil. Xa Héctor Sánchez terá a responsabilidade de levar a tonificación e captación da canteira da SD Sarriana mentres que adestra o equipo cadete. Dani Pérez será o segundo adestrador do primeiro equipo, que conta con experiencia adestrando porteiros no CD Lemos, Viveiro CF e CD Lugo Base.

En canto a novo persoal no equipo técnico, Pablo Pereiro será o fisioterapeuta para esta temporada e Pablo Expósito será, de novo, o responsable da preparación física do fútbol base da SD Sarriana esta vindeira tempada 23/24.

Con respecto ao tema sanitario, o doutor Adrián Gallego Goyanes será o xefe dos servizos médicos da SD Sarriana, xa que conta cunha extensa formación académica e experiencia nos equipos CD Lugo, SD Compostela, Santiago Futsal e Burela Pescados Rubén.

Novas fichaxes  

O máis novidoso da nova tempada son as fichaxes que se están levando a cabo por parte do equipo, que quere mellorar o seu cadro de xogadores con profesionais do fútbol. Así, Iñaki Fernández, de 24 anos e de Lugo, será un dos laterais dereitos do equipo, e que vén do U.M. Escobedo. Tamén fichan outro lateral dereito, Tomás Susavila, de 21 anos, da Arxentina e que vén do C.D. Becerril.

Por outra banda, ficharon tres mediocentros, David López, de 21 anos e de Villalba, que vén de Galicia de Mugardos; Aldán Naval, de 22 anos, de Viveiro e que vén do C.S.D. Arzúa; e Jared Santana, de 19 anos, de Gran Canaria, 19 años e que vén do Hércules C.F.

Pero tamén haberá novos extremos da man de Tijan Sohna, de 21 anos e de Barcelona 21 años, que vén do C.D. As Pontes; e Álex Boedo, de 24 anos e de Carballo, que vén do Bergantiños C.F. Por último, ficharon un dianteiro, Fernando Cuadrado, de 29 anos e de Lugo, que vén do R.C. Villalbés.      

0.18601202964783