Olalla Rodil afirma que os orzamentos con Lugo son "unha sarta de incumprimentos con Lugo"
A deputada nacionalista por Lugo, Olalla Rodil, fixo, en chave lucense, unha primeira valoración do proxecto de orzamentos que vén de facer públicos da Xunta de Galiza e lamenta que “os orzamentos 2025 confirmen o abandono do PP a Lugo ao ser unha sarta de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas”.
De forma singular, a deputada lamenta que "proba deste abandono é o de volver anunciar a reforma de centros de saúde que xa foron anunciadas varias veces” como é o caso do de Meira ou o de Outeiro de Rei".
Neste sentido, a deputada nacionalista subliñou diversos proxectos que a Xunta non está rematar nin destinar os suficientes recursos "o Porto Seco de Monforte, que leva máis de dez anos en situación de parálise".
Rodil lembrou que unha das medidas estrela que o PP esta a anunciar é a creación de vivenda pública cando “levan máis de 10 anos, en concreto dende 2013, sen investir nin só euro na cidade de Lugo en vivenda pública”.
Por isto, o BNG impulsará emendas para pór os intereses e as necesidades das luguesas e lugueses e afondar nun maior compromiso con Lugo “sabemos que o papel terma do que se lle poña mais dende o BNG faremos propostas das necesidades urxentes para a nosa comarca” declarou Olalla Rodil.