Olga Capón defende "a aposta polo rural, impulsando a unión de gandeiros"

SarriaXa
Olga Capón, candidata do Partido Popular no Concello de Láncara, defende "a aposta polo rural, impulsando a unión de gandeiros"
PP de Láncara
16 May 2023

A alcaldable do Partido Popular á Alcaldía no Concello de Láncara, Olga Capón, presentou o seu proxecto político nun acto organizado polos populares no polifuncional da Pobra de San Xiao, e no que estivo respaldada polo secretario xeral da formación provincial, Javier Nodal, o senador José Manuel Barreiro, e o responsable do Goberno galego de Medio Rural, José González.

Así, dixo que no seu proxecto político aposta polo rural, impulsando a unión de gandeiros e a permuta de fincas. “Apoiaremos as cooperativas e as asociacións para diversificar o sector lácteo e cárnico, dándolle auxe á tenreira galega suprema, así como proporcionarlles un local aos gandeiros para que poidan reunirse".

Por outra parte, sostivo que dende o Concello tamén "se debe apoiar as iniciativas ecolóxicas, sen descoidar outro tipo de animais de granxa”, destacou Capón.

Co fin de revitalizar o rural, Olga Capón apuntou que as traídas de auga, a mellora das comunicacións con aglomerado en quente, a dotación do servizo de madrugadores e de casas do maior, as axudas para a rehabilitacións de vivendas, a mellora da conexión á internet ou a dinamización dos recursos turísticos, culturais e medioambientais son outros dos obxectivos que inclúe no programa electoral co que a súa concorre ás eleccións do 28M.

Pola súa banda, tanto Nodal como Barreiro coincidiron en destacar que Láncara “precisa un cambio político e estabilidade gobernamental. Os veciños de Láncara merecen que os goberne un equipo serio, que xestione, que traballe e que trate a todos por igual”. Por iso, o senador e o secretario xeral non dubidaron en pedir o apoio para Olga Capón e a súa candidatura.

0.14727997779846