Olga Iglesias, candidata á Alcaldía de Triacastela, afronta o reto con "ganas e ilusión"
Olga Iglesias, alcadesa de Triacastela e candidata ás vindeiras eleccións polo Partido Popular do municipio, afronta estes meses anteriores "con ganas e ilusión".
"Hai que vivir con ganas, ilusión e vocación porque queremos seguir traballando no pobo", defende a candidata que, ademais, preside a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.
Así, di que en Triacastela trabállase e seguirase traballando en torno a tres eixos: política social; infraestruturas, que di "son boas e esperamos mellorar as traídas da auga dos núcleos do concello no vindeiro programa", explica; "así como construír unha zona de solo industrial que está a piques de aprobarse", sostivo.
E o terceiro punto é dedicado ao Camiño Francés ao seu paso por Triacastela, que "é importante fomentar e mellorar". Tamén comenta que queren seguir promovendo o turismo con rutas e paseos guiados que non estean tan vinculados á peregrinaxe, pero que "sexan relevantes para fomentar o turismo en Tricastela".
Por último, fixo fincapé na importancia de "potenciar a educación" tanto no colexio de Triacastela, como na Casa Niño e nas tres Casas do Maior coas que conta o municipio.