Olga Iglesias presentou o proxecto 'Camino de Europa', que acolle unha experiencia dixital do Camiño Francés

SarriaXa
A alcaldesa de Triacastela e presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño, Olga Iglesias, presentou en Santiago e deu a benvida aos participantes na presentación do proxecto 'Camino de Europa', a nova plataforma tecnolóxica que ofertará unha experiencia única de percorrido do Camiño Francés a Compostela.
Camiño Europa alcaldesa Triacastela
18 Oct 2023

A alcaldesa de Triacastela e presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño, Olga Iglesias, presentou en Santiago e deu a benvida aos participantes na presentación do proxecto 'Camino de Europa', a nova plataforma tecnolóxica que ofertará unha experiencia única de percorrido do Camiño Francés a Compostela.

O proxecto 'Camino de Europa' está participado por nove empresas, concellos e asociacións das comunidades por onde pasan a principal ruta de peregrinación xacobea. En Galicia forman parte do proxecto a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e o Concello de Melide.

A iniciativa conta coa financiación do Programa de Experiencias Turismo España, polo que recibiu 1,7 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

0.1560070514679