Organizan un curso sobre a conservación dos alimentos en Láncara
SarriaXa
Serán os días 14, 28 e 29 de setembro na Asociación Cultural Val de Láncara
4 sep 2024
A Asociación Cultural Val de Láncara colabora nun curso que terá lugar os sábados 14 e 28 de setembro e o domingo 29 de conservación e transformación de alimentos.
A iniciativa, que terá lugar no local da asociación, será de 9.30 a 14.30 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
Os organizadores, do Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros, indican que é necesario inscribirse a través do número 982 231 154 ou a través do correo lugo@sindicatolabrego.gal.