Organizan un obradoiro de escritura creativa na Casa da Cultura de Sarria

A Casa da Cultura de Sarria acollerá un obradoiro de escritura creativa impartido por María Casar, deseñado como un espazo para escribir, reflexionar e desenvolver a creatividade ao longo de varias sesións. O programa celebrarase os días 11 de febreiro, 11 de marzo e 15 de abril, sempre ás 19:00 horas.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse enviando un correo electrónico a cultura@sarria.gal
, indicando o seu nome e apelidos, número de teléfono e idade.
Trátase dunha proposta cultural pensada para cultivar a escritura cun seguimento continuado e acompañado, ofrecendo aos participantes a oportunidade de mellorar as súas habilidades literarias nun ambiente creativo e de reflexión.