Organizan un obradoiro musical para pequenos e maiores na antiga biblioteca de Samos

SarriaXa
Este obradoiro é unha oportunidade para desfrutar da música e a creatividade en familia, ao tempo que se fomenta a socialización e o aprendizaxe de maneira lúdica
Biblioteca-Samos
15 Apr 2025

O vindeiro xoves 17 de abril, a antiga biblioteca de Samos acollerá un obradoiro musical aberto tanto para pequenos como para maiores.

A actividade, que se desenvolverá entre as 17.00 e as 20.00 horas, ofrecerá unha experiencia única na que os participantes poderán crear o seu propio instrumento musical.

O obradoiro contará coa presenza de Carlos Vilariño, músico da Banda de Música de Sarria e tamén se realizarán xogos musicais, pensados para garantir a diversión e a participación activa de todos os asistentes.

Este obradoiro é unha oportunidade para desfrutar da música e a creatividade en familia, ao tempo que se fomenta a socialización e o aprendizaxe de maneira lúdica.

A entrada é libre e está dirixida a todas as idades, facendo desta unha actividade interxeracional para gozar da música e a cultura na contorna de Samos.

⚙ Configurar cookies
0.16464400291443