Promoven unha formación gratuíta sobre o coidado de persoas dependentes en Láncara
SarriaXa
As xornadas terán lugar os días 15 e 16 de setembro no antigo centro médico, en horario de 10:00 a 12:30 horas

11 Sep 2025
O Concello de Láncara, en colaboración coa Xunta de Galicia e a asociación AFALU, organiza unha acción formativa gratuíta dirixida ao coidado de persoas dependentes.
A actividade desenvolverase os días 15 e 16 de setembro de 2025 no antigo centro médico do municipio, en horario de mañá, de 10:00 a 12:30 horas.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través dos servizos sociais do concello, chamando ao teléfono 982 530 081.