Organizan unha nova campaña solidaria de recollida en Sarria para os animais do refuxio de Huellas

SarriaXa
A iniciativa terá lugar este sábado e destinarase ao coidado dos cans e gatos sen fogar
Huellas-Sarria-refuxio
3 Oct 2025

Este sábado 4 de outubro Huellas Sarria pon en marcha unha nova campaña solidaria no supermercado Eroski Center de Sarria, situado na rúa Matías López 108. A acción desenvolverase durante o horario comercial habitual do establecemento e todo o recadado irá dirixido ao mantemento dos cans e gatos que residen no refuxio mentres agardan por unha familia adoptiva.

As organizadoras da iniciativa expresaron a súa gratitude ao persoal do Eroski Center por confiar de novo nelas para levar a cabo esta recollida, destacando que cada pequena achega supón unha gran axuda para os animais.

As doazóns que máis se precisan son penso ou comida húmida para cans, galletas ou salchichas caninas, pasta, arroz, penso ou comida húmida para gatos, chuches felinas e material de limpeza. A cidadanía está chamada a colaborar con algún destes produtos para mellorar a calidade de vida dos animais que esperan un novo fogar.

⚙ Configurar cookies
0.07757306098938