Organizan unha sesión formativa en Sarria para promover o compost doméstico

SarriaXa
O evento terá lugar o 8 de xullo na Casa da Cultura e busca fomentar o autocompostaxe entre a veciñanza cunha sesión práctica e a repartición de material
compostaxe-e-colector-marrón-Sarria
4 Jul 2025

O Concello de Sarria organiza unha xornada o vindeiro martes 8 de xullo, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, na que se ofrecerá unha sesión formativa destinada a todas aquelas persoas que dispoñan dun pequeno terreo e desexen aprender a transformar os seus restos orgánicos nun compost de calidade para uso persoal.

Ademais da formación, o Concello entregará de maneira gratuíta composteiros e aireadores domésticos aos asistentes interesados en iniciarse no autocompostaxe.

Esta iniciativa busca fomentar prácticas sostibles entre a veciñanza e reducir a cantidade de residuos que rematan no contedor verde. A participación está aberta a todas as persoas residentes no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.15460991859436