Organízanse actividades deportivas para facer piragüismo polo río Neira

SarriaXa
A Asociación Cultural Val de Láncara organiza, un ano máis, esta actividade na segunda quincena de agosto para todas as persoas interesadas
club-pesca-río-neira
18 Ago 2024

A Asociación Val de Láncara promove unha nova actividade, neste caso deportiva, que consiste en facer piragüismo polo río Neira desde este luns, 19 de agosto, ata o 30 de agosto.

Así, coma todos os anos durante a segunda quincena de agosto, as persoas interesadas en pasar unha tarde diferente, poderán facelo piragüendo polo Neira.

Haberá 3 turnos de entre 9 e 12 persoas de 16.30 a 17.30 horas; de 17.30 a 18.30 horas; e de 18.30 a 19.30 horas. Así, os prezos por semana serán de 10 euros para os socios, de 15 euros para os que non son socios e 5 euros por día solto.

0.071291923522949