Organízase unha excursión ás Rías Baixas desde Láncara para o vindeiro 14 de abril

SarriaXa
O Concello de Láncara organiza unha excursión para a terceira idade do municipio ás Rías Baixas o vindeiro 14 de abril, domingo.
O Grove
24 Mar 2024

O Concello de Láncara organiza unha excursión para a terceira idade do municipio ás Rías Baixas o vindeiro 14 de abril, domingo.

As persoas participantes visitarán a Feira de Padrón, o municipio do Grove, onde darán un paseo en barco e a Illa da Toxa, polo que deberán pagar un custo de 35 euros nos que se incluirá a viaxe, a mariscada e o traxecto con baile no barco.

As prazas son limitadas e terán prioridade os empadroados, así que hai que apuntarse antes do 8 de abril nas oficinas municipais de 8.00 a 15 horas ou no teléfono 982 543 077.

0.13754081726074