Organízase unha ruta paisaxística e literaria pola Serra do Iribio o sábado 28
A asociación Roxín Roxal organiza o vindeiro sábado 28 unha ruta baixo o nome de O Iribio: amar a terra, parar a desfeita. A actividade pretende descubrir a Serra do Iribio, na antesala do Courel entre Samos e Triacastela.
Trátase dun espazo singular de grande valor ecolóxico e histórico. A través da ruta paisaxística e literaria, lembraranse aos poetas Uxío Novoneyra e Fiz Vergara, así como a Martim de Padrozelos, o primeiro trobador galego-portugués coñecido.
É un percorrido de 14 quilómetros por terreo, de dificultade media, sen grandes complicacións. A saída do autobús será ás 8.30 horas desde Betanzos para os que se despracen desde fora da comarca.
As persoas de Samos, Triacastela ou da comarca de Sarria interesadas en participar poden poñerse en contacto cos organizadores a través dos correos roxinroxal@yahoo.com e ola@roxinroxal.gal.