Os actos de homenaxe a Santiago Rodríguez en Paradela foron "moi emotivos", segundo a alcaldesa

SarriaXa
O Concello de Paradela homenaxeou a Santiago Rodríguez, o paradelense fillo de Manuel Rodríguez, que faleceu o pasado 19 de marzo en Bristol (Reino Unido).
Fillo Adoptivo Paradela Manuel Rodríguez
17 Abr 2024

O Concello de Paradela homenaxeou a Santiago Rodríguez, o paradelense fillo de Manuel Rodríguez, que faleceu o pasado 19 de marzo en Bristol (Reino Unido).

Así, oficializouse un acto relixioso a cargo de Luis Varela Castiñeira, coengo prefecto da música da Catedral, con relación familiar con Paradela; José Veiga Maceda, párroco de Paradela; Julio Fernández Doval, vicario Xudicial da diocese e párroco en terras de Paradela, e Francisco Moreiras Calvo párroco de Portomarín.

Durante a misa, ademais, actuou o Orfeón Lucense baixo a dirección de Marcos Fernández, para homenaxear a figura de Santiago Rodríguez e, a continuación, tivo lugar o acto civil, no que Martín Vázquez, director da Banda de Paradela interpretou ‘Bombardino das capas pardas’, marcha da paixón de Zamora sobre un tema de Chopín da Irmandade da Penitencia.

Pola súa parte, contouse co xornalista recoñecido como Fillo Adoptivo de Paradela, que recitou ‘Santiago e Manuel, no ceo dos galegos’, con José Manuel Mato, que foi o instrutor do expediente de Fillo Adoptivo de Paradela a título póstumo, e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e membro do xurado do Certame de Paradela.

Despois, Martín Vázquez interpretou ‘Si dulce e’l tormento’ de Monteverdi e pasouse á lectura da concesión do título de Fillo Adoptivo, que foi entregado á familia do falecido por parte da alcaldesa, Montserrat Mulet.

Para finalizar, Carlos Rodríguez, fillo de Santiago, verteu unhas palabras no acto e, como remate, os Gaiteiros de Paradela tocaron a marcha solemne do Antigo Reino de Galicia ao marchar cara o cemiterio, onde o Orfeón Lucense cantou ‘Salve Regina’ e os Gaiteiros de Paradela pecharon o acto co Himno Galego.

A alcaldesa, Montserrat Mulet, cualificou os actos, tanto o relixioso como o civil como "moi emotivos".

0.17504906654358