Os afectados polos atrasos do IBI de Sarria xa saben como recorrer en contra do procedemento de valoración catastral

SarriaXa
A plataforma de afectados polos atrasos del Ibi de Sarria, liderada por Benjamín Escontrela de Galicia Sempre, tivo a súa primeira reunión deste ano 2023, á que acudiron 200 persoas.
19 Jan 2023

A plataforma de afectados polos atrasos del Ibi de Sarria, liderada por Benjamín Escontrela de Galicia Sempre, tivo a súa primeira reunión deste ano 2023, á que acudiron 200 persoas.

Neste evento, facilitóuselles a todos os asistentes o modelo para recorrer en contra do novo procedemento simplificado de valoración catastral, "porque este proceso non se pode aplicar no concello de Sarria, xa que non hai relatorio de valores con posterioridade a 01/01/2003", explicaron.

Así, explican que lles notificaron "unhas valoracións catastrais que non se adaptan á realidade dos inmobles ao non ter en conta nin o uso agrario das parcelas nin o estado de conservación das construcións".

Durante a reunión informouse aos participantes de toda a documentación que deben acompañar aos escritos de reclamación, onde presentalos e a dirección de correo electrónico da plataforma (plataformaafectadosatrasosibi@gmail.com) como medio de consulta de calquera dúbida e facerlles chegar a documentación que poidan necesitar.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14731001853943