Os alcaldes cántabros da Fundación Camino Lebaniego visitan concellos do Camiño Francés

SarriaXa
Os representantes da Fundación Camino Lebaniego visitaron Triacastela, Pedrafita e Samos, onde se avaliaron as estratexias para promocionar a produción agroalimentaria con selo de calidade
Fundación-Camino-Lebaniego-Samos
5 Sep 2025

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés celebrou un encontro con motivo da visita dos alcaldes cántabros da Fundación Camino Lebaniego, que ao longo de varias xornadas percorrerán distintos municipios situados na ruta xacobea.

O encontro serviu para avaliar as liñas de traballo que están a desenvolver os concellos galegos do Camiño Francés coa finalidade de potenciar os produtos agroalimentarios, poñendo especial atención nos que contan con selos de calidade diferenciada vinculados á ruta de peregrinación.

A Consellería do Medio Rural colabora con estas entidades locais para reforzar a posta en valor destes produtos, brindándolles apoio nas súas accións de promoción.

O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou no encontro celebrado en Triacastela, que tamén incluíu visitas a Pedrafita e Samos.

⚙ Configurar cookies
0.15993881225586