Os bolechas chegan ao Incio o 6 de novembro

SarriaXa
FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta no Concello do Incio Os bolechas fan o camiño marciano.
bolechas incio portada
27 Out 2021

Chega o sábado 6 de novembro ao Concello do Incio, Os bolechas fan o camiño marciano, un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.

Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Sonia, Pili e Carlos, entre outros, que queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas.

A actuación levarase a cabo o vindeiro 6 de novembro, ás 17.30 horas e chega a través de FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

bolechas incio
0.12153601646423