Os Bolechas percorrerán hoxe as rúas de Triacastela
Os Bolechas regresan hoxe ao Concello de Triacastela para coñecer as súas rúas e aos seus veciños.
Os bolechas pasearán polo Concello dende ás 13.00 horas para que os seus veciños poidan sacar fotos con eles e coñecelos de maneira persoal achegando á ilusión aos máis pequenos.
BOLECHAS
Os bolechas naceron no ano 2000 da man do debuxante e guionista Pepe Carreiro converténdose nos protagonistas da máis importante e famosa serie da literatura infantil galega.
A familia está formada por seis irmáns, Carlos, as xemelas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá. Ademais, ás súas aventuras únese a súa mascota, Chispa.
En tódalas propostas dos Bolechas hai un fin didáctico que permite que os pequenos interioricen conceptos e valores universais, hábitos saudables, coñecementos da vida diaria...
O pasarúas permite que os máis pequenos coñezan aos protagonistas dos contos que len habitualmente. Os bonecos corpóreos, acompañados do seu R4 pasearán pola localidade e realizarán xogos ou actividades cos máis pequenos para que poidan gozar da música e xogos dos seus personaxes favoritos. Nestas intervencións relaciónanse dun modo máis próximo cos seus fans e achegan os personaxes do imaxinario infantil á realidade física.