Os Carro x Catro prepara a XIII Ruta 4x4 da Comarca de Sarria con tres días de aventura e motor

SarriaXa
A cita desenvolverase do 21 ao 23 de novembro con actividades como ruta turística, probas de habilidade e zonas especiais
Ruta-4x4-comarca-de-Sarria-2024
8 Sep 2025

A asociación Os Carro x Catro ultima os detalles para a XIII edición da Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, que se celebrará entre o 21 e o 23 de novembro e contará cun amplo abano de actividades dirixidas a motos, quads, todoterreos e buggies.

A organización aínda non fixo público o programa definitivo, pero cada pasada edición serve de referencia cun completo programa de propostas que mesturaban lecer, gastronomía e competición.

Normalmente, o evento comeza cunha benvida continúa cunha ruta nocturna polos arredores da vila. O sábado, a primeira hora, os participantes marchan para desenvolver a ruta, que conta cunha parada para comer. Despois, continúan ata que volven a Sarria para celebrar a cea de gala.

Xa o domingo, adoitan ter lugar as probas de habilidade, nas que se poñen a proba destrezas e técnica ao volante. Logo, celébrase o xantar colectivo e péchase o evento coa entrega de trofeos.

⚙ Configurar cookies
0.093853950500488