Os casos activos soben lixeiramente na provincia mentres Sarria segue sumando positivos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras-covid
Máscaras "Covid"
29 Jun 2021

A covid achégase aos 200 casos tras sumar 4 casos máis mentres continúan activos os gromos en Sarria e Lugo malia que descende o número de contaxios novos.

Así, a  provincia de Lugo amanece este martes de novo con 193 casos activos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 13 e o día anterior 16), e as altas chegaron ás 12.810, reaxustando a cifra errónea que ofreceu no día de onte.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.224 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria queda en 4 persoas ingresadas. No Hula hai 2 na UCI e 1 en planta, e 1 en Monforte.

A provincia ten ao concello de Castroverde en alerta media e ao de Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

A situación en Sarria empeora e a incidencia elévase noutros concellos pequenos como O Vicedo, Quiroga e Taboada. No resto, a situación mellora.

A Mariña

  • O Vicedo mantén unha incidencia alta malia estar por debaixo dos dez casos.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo.
  • Trabada fai unha semana que non ten contaxios novos. Únense Cervo e A Pontenova.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Xove.

Terra Chá

  • Cospeito, Friol, A Pastoriza, Castro de Rei e Outeiro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Vilalba.
  • Guitiriz, Pol e Meira levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade, Abadín e As Pontes. Únese Begonte.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 65 (4 máis).
  • Castroverde segue con 12 positivos pero segue con incidencia baixa na última semana.
  • Palas ten positivos pero con baixa incidencia.
  • Monterroso leva unha semana sen casos. Únense Portomarín, Guntín e O Corgo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue subindo. Xa son 33 positivos (2 máis), co concello en alerta alta.
  • Láncara leva unha semana sen contaxios.
  • Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Quiroga e Taboada teñen elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
  • Monforte ten casos pero con baixa incidencia.
  • Chantada cuantifica dez contaxios.
  • Folgoso do Courel leva xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15424084663391