Os cativos de Sarria poderán desfrutar este venres da proxección de Ratatouille
A tempada de cine gratuíto para os nenos e nenas do concello de Sarria remata este venres coa proxección da película Ratatouille a partir das 17.30 horas na Casa da Cultura da vila.
Esta actividade busca o entretemento e a diversión dos máis pequenos.
Ratatouille
A película narra a historia dunha rata que soña con converterse en cociñeira e para levar a cabo o seu obxectivo, decide facer unha alianza co fillo dun dos cociñeiros máis prestixiosos de Francia.
Remy é unha rata que vive no corazón de París cos seus amigos e familia de roedores. Sen embargo e a diferencia dos seus compañeiros, ten un soño bastante peculiar. Quere ser unha cociñeira profesional. Conseguilo será difícil pois non conta co apoio da súa familia nin dos restaurantes que desprezan ós roedores con tódalas súas forzas, máis aínda se o público se decata de que o seu prato foi cociñado por unha rata. Malia ter todo na súa contra, Remy, cólase sen ser vista nun restaurante de cinco estrelas para mellorar os pratos que alí elaboran. Linguini, un dos empregados acabado de chegar ó luxoso restaurante descóbrea pero para a súa sorpresa, en vez de rexeitala e botala da cociña, adóptaa como axudante. O posto de traballo do rapaz pende dun hilo e xa que el non conta con boas dotes culinarias, chega a un acordo coa rata. Ela cociñará en secreto indicándolle a el como facelo. O seu plan é converterse xuntos no mellor cociñeiro de París... Conseguirano?
A mensaxe que intenta transmitir esta película é que todo o mundo pode cociñar, unha lúcida reflexión en torno a que se unha rata pode converterse en cociñeira, todo o mundo pode conseguir o soño que se propoña por moi difícil que sexa de acadar.