Os centros da comarca de Sarria daranlle voz aos versos de Fiz Vergara

SarriaXa
Los centros educativos de Sarria colaboran en un acto de homenaje al poeta samonense Fiz Vergara el próximo 21 de marzo.
praza sarria
13 Mar 2022

A biblioteca do IES Gregorio Fernández de Sarria organiza unha actividade para honrar a poesía de Fiz Vergara, autor que lle da nome á biblioteca do centro.

En total, serán 12 centros educativos os que formarán parte deste proxecto que terá lugar o vindeiro 21 de marzo no que se conmemorará o Día Mundial da Poesía. Fiz Vergara foi un autor con orixes samonenses. Escritor de poesía que tiña inicialmente un marcado carácter social, posteriormente foi derivando cara un maior intimismo.

A iniciativa que terá lugar na praza da vila contará coa colaboración dos centros Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez, a Escola de Educación Infantil Xela Arias, Ceip Antonio Fernández de Oural, Frei Luis de Granada, La Asunción, la Merced, Ramón Piñeiro da Pobra, Ricardo Gasset do Incio, San Miguel de Paradela e os CEIP de Samos e o Páramo. Botarase en falta ao colexio Eduardo Cela de Triacastela que xa tiña outro acto na súa axenda para ese día, sumándose a próximas edicións.

Esta idea xurdiu xa no ano 2020 pero a situación pandémico truncou os planes retomándoos neste 2022.

O acto será un recital poético de obras de Fiz Vergara. Tamén haberá poemas musicados do autor e recitaranse poemas por medio dun tubo, un acto simbólico no que se botaran versos ao aire.

O obxectivo é reclamar de novo o Día das Letras Galegas para o autor da comarca de Sarria que faleceu fai 25 anos.

0.16993093490601