Os centros educativos da comarca de Sarria celebraron o Día da Poesía
A biblioteca do IES Gregorio Fernández de Sarria organizou unha actividade para honrar a poesía de Fiz Vergara, autor que lle da nome á biblioteca do centro.
En total, foron 12 centros educativos os que formaron parte do proxecto o pasado 21 de marzo no que se conmemora o Día Mundial da Poesía. Fiz Vergara foi un autor con orixes samonenses. Escritor de poesía que tiña inicialmente un marcado carácter social, posteriormente foi derivando cara un maior intimismo.
A iniciativa que tivo lugar na praza da vila contou coa colaboración dos centros Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez, a Escola de Educación Infantil Xela Arias, Ceip Antonio Fernández de Oural, Frei Luis de Granada, La Asunción, la Merced, Ramón Piñeiro da Pobra, Ricardo Gasset do Incio, San Miguel de Paradela e os CEIP de Samos e o Páramo. Botarase en falta ao colexio Eduardo Cela de Triacastela que xa tiña outro acto na súa axenda para ese día, sumándose a próximas edicións.
Esta idea xurdiu xa no ano 2020 pero a situación pandémico truncou os planes retomándoos neste 2022.
O acto será un recital poético de obras de Fiz Vergara que foron lidos polos alumnos dos diferentes centros da comarca. Tamén houbo poemas musicados do autor e recitáronse poemas por medio dun tubo, un acto simbólico no que se botaron versos ao aire.
O obxectivo é reclamar de novo o Día das Letras Galegas para o autor da comarca de Sarria que faleceu fai 25 anos.
Tamén se aproveitou esta cita para facer a entrega de premios aos alumnos e alumnas gañadores do Certame de poesía de Nadal organizado pola Biblioteca Camilo Gonsar de Sarria, que foron os seguintes: Abril López e Leyla López de 2ºEP, Ignacio Reboiro de 3ºEP, Noa Losada de 6ºEP, Alma de 2ºESO e Marina de 3º de ESO