Os centros educativos de Sarria recibiron unha selección de libros para o seu alumnado

SarriaXa
Os centros educativos de Sarria recibiron unha selección de libros para o seu alumnado co fin de que lean máis
entrega libros Sarria
31 Mar 2023

O goberno local e Sarria, con cara visible o alcalde, Claudio Garrido, e a concelleira de Educación, María Eugenia Vacárcel; entregou esta semana unha selección de libros para o alumnado de distintos colexios do municipio.

Así, os centros educativos de La Merced, A Asunción, Xela Arias e Gregorio Fernández recibiron libros para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

Esta iniciativa, da man da Biblioteca Pública Camilo Gonsar, ten a finalidade de seguir promovendo a igualdade entre mulleres e homes e tamén para sensibilizar aos estudantes e á poboación en xeral sobre a prevención da violencia de xénero.

0.12124800682068