Os Clarisaxos acenden a música do San Xoán cun concerto no Malecón este xoves

SarriaXa
Desde a agrupación destacan que se senten "moi orgullosos de prender esa chispa de acender as fogatas das nosas festas"
Clarisaxos-San-Xoan-Sarria
18 Jun 2025

O grupo musical Os Clarisaxos protagonizará este xoves, 19 de xuño, ás 20.00 horas, o xa tradicional concerto de pre San Xoán no paseo do Malecón.

Desde a agrupación destacan que se senten "moi orgullosos de prender esa chispa de acender as fogatas das nosas festas", nunha cita que marca o inicio das celebracións desta festividade tan enraizada.

O concerto dividirase en dúas partes ben diferenciadas. A primeira será unha sección de solistas, na que varios nenos e nenas actuarán de forma individual. O inicio será cun pasodobre titulado Músicos de banda, unha peza de estrea do grupo. A continuación, pasarán polo escenario a oboísta Leire con Gabriel's Oboe; seguida de Xacobe, con Springtime; Marc, con Vals da Batuta, e, para rematar esta sección, A Corda de Saxos, con Saxamba.

Na segunda parte, o ambiente transformarase nunha auténtica guatecada con temas populares e moi recoñecibles como O ritmo da música, Sweet Caroline, Jerusalema, Just Dance, Barbie Girl e o coñecido himno Resistiré, que fará vibrar ao público.

⚙ Configurar cookies
0.16417002677917