Os Clarisaxos actuarán no IES Xograr Afonso Gómez e na Merced polo Día das Letras Galegas

SarriaXa
Durante esta actuación, os compoñentes do grupo musical tocarán un repertorio de música galega
Clarisaxos-concerto-colexio-La-Merced
14 May 2025

Os Clarisaxos, ademais de participar no concerto polo Día das Letras Galegas que terá lugar este venres na Casa da Cultura, tamén actuarán pola mañá no IES Xograr Afonso Gómez ás 10:45 horas e na Merced ás 12.45 horas.

Durante esta actuación, os compoñentes do grupo musical tocarán un repertorio de música galega cos seus instrumentos, así como tamén interpretarán pezas cantadas de transmisión oral.

Concretamente, o repertorio será Balada Galega de Xoán Montes, Vals da Balouta, Mozos do Penedo, Ghalleghadas, Terriña Galega, Al compás de una muiñeira, Estróupeles-Tróupele e o finalizarán co Himno Galego.

⚙ Configurar cookies
0.07313084602356