Os clubs da Primeira Futgal elixen a distribución de grupos para esta tempada

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
108 equipos de Galicia participarán nesta nova categoría a partir de setembro
equipos-futgal-primeira
Equipos participantes na Primeira Futgal
11 Ago 2024

A nova Primeira Futgal xa está en marcha. 108 equipos participarán esta tempada 24-25 nunha categoría que pasa a ter 6 grupos de 18 equipos cada un. As outras grandes novidades é que se perde a limitación provincial e deste xeito tamén se consegue eliminar os descensos por arrastre, a excepción dos que poidan producirse no caso dalgún descenso galego desde a 2ª Federación.

A Real Federación Galega de Fútbol presentoulle 5 propostas de distribución de grupos aos membros do Comité de Fútbol Afeccionado. Dúas opcións foron descartadas e as tres que quedaron foron remitidas aos 108 clubs para que votasen libremente pola que considerasen.

Unha vez rematado o prazo de votación, o resultado favoreceu á opción 1, que se levou 60 votos, fronte aos 28 da segunda opción e 16 da terceira.

A distribución queda por tanto segundo o mapa que presentamos.

0.13021206855774