Os colexios da comarca de Sarria celebraron o Día da Non Violencia e da Paz

SarriaXa
Os colexios da comarca de Sarria celebraron o Día da Non Violencia e da Paz
31 Xan 2023

O 30 de xaneiro de todos os anos celébrase o Día da Non Violencia e da Paz nos colexios.

Así, tamén os da comarca de Sarria quixeron festexar este aniversario con actividades por parte do seu alumnado, desde os máis pequenos aos máis grandes.

Pola parte do CEIP de Samos, os nenos e nenas pintaron mandalos e escribiron dentro de debuxos de pombas a palabra 'Paz' en diferentes idiomas. Tamén escribiron as palabras coas que, pensan, se pode acadar a paz, as palabras necesarias para loitar contra a violencia.

Despois, fixeron unha árbore da paz, onde colocaron os diferentes traballos.

En Sarria, o colexio La Merced celebrou este día en defensa da paz coa lectura dun manifesto realizado polos alumnos e alumnas de 4º da ESO.

Despois, recolleron as mensaxes escritas por todos os alumnos do colexio, que expresaban desexos de paz, para logo metelas dentro de pequenas botellas para lanzar ao universo.

Para rematar, representaron no patio do colexio o lema do día, que era o símbolo do colexio, que é igual áo símbolo da paz.

No colexio de Láncara, o CPI Ramón Piñeiro, os nenos e nenas fixeron un mural co lema 'Que chova paz' para celebrar o Día da Paz.

Así, o alumnado, acompaño de profesores e familias, puxeron nese mural gotas de auga con palabras, frases e debuxos que para eles simbolizan o que é a paz.

O mural, adornado con pombas e gotas de auga pintada, conformou a esencia deste día para o alumnado.

0.18996000289917