Os comerciantes de Sarria organizan unha campaña con motivo do día da Nai

SarriaXa
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolverá ata o día da nai unha campaña.
dia da nai
17 Abr 2021

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolverá ata o día da nai (2 de maio) unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario, coa colaboración do Concello de Sarria.

Este ano o día da nai o queremos celebrar dun xeito especial, as nais serán as protagonistas no noso comercio e hostalaría. ¡Un día para ti! é o nome da campaña que levaremos a cabo no Centro Comercial Urbano de Sarria con motivo do día da nai.

Dende hoxe ata o 2 de maio as compras nos nosos establecementos dan a oportunidade de premiar unha nai cun día adicado para ela. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dunha mamá (que pode ser súa nai, ela mesma, unha amiga, a muller, …).

O mercores día 5 de maio ás dúas da tarde procederase ao sorteo dun día especial para a nai premiada, “un día para ti”. A premiada gozará dun tratamento de beleza, masaxe, perruquería, sesión de compras, picoteo en familia… e moito máis.

Temos un comercio e hostalaría activos e con inquedanzas, que innovan continuamente para chegar aos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria (#atoparaloensarria). Establecementos variados, de moi diversos sectores: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallo, colchonerías, decoración, bares, restaurantes, aloxamentos, …

0.16198682785034