Os comuneiros do montes veciñais de Goián reuniranse o vindeiro 2 de febreiro para falar de actuacións
SarriaXa
O vindeiro 2 de febreiro os comuneiros do monte veciñal de Pena, Cruz de Aguieira e San Marcos da parroquia de Goián de Sarria celebrarán a súa asamblea na antiga escola.
20 Jan 2024
O vindeiro 2 de febreiro os comuneiros do monte veciñal de Pena, Cruz de Aguieira e San Marcos da parroquia de Goián de Sarria celebrarán a súa asamblea na antiga escola.
A xuntanza, que terá lugar a partir das 20.30 horas, consistirá en poñer enriba da mesa temas como o proxecto de ordenación forestal ou a axuda concedida pola Deputación de Lugo para mellorar o firme dos caminos de Goián, Vilalence e Cabezares.
Tamén se falará sobre o campo da festa e a conciliación co monte en man común de Vilapedre, así como a renovación do tesoureiro da asociación, do orzamento para as festas da parroquia e da limpeza de varios lugares da parroquia, como o adro, a igrexa a e casa escola.