Os concellos de Láncara, Paradela e Samos poderían ter un obradoiro dual de emprego

SarriaXa
Os concellos de Láncara, Samos e Paradela veñen de firmar un convenio de Mancomunidade para poder solicitar á Xunta de Galicia un obradoiro de emprego dual conxunto.
obradoiro dual O Incio 2
25 Mar 2024

Os concellos de Láncara, Samos e Paradela veñen de firmar un convenio de Mancomunidade para poder solicitar á Xunta de Galicia un obradoiro de emprego dual conxunto.

Así, con concello á cabeza Láncara, queren dispoñer deste obradoiro para formar a 20 alumnos, 8 en Láncara e 6 en Samos e Paradela; durante 9 meses, de xullo de 2023 a febreiro de 2025.

A formación será o 35 % do obradoiro e o 65 % de traballos de xardinería, forestal e conservación dos espazos públicos do Concello.

No caso de Paradela, a intención e mellorar o Paseo do Malecón e a ruta do Loio, actualmente pechada; no de Samos actuarase na contorna das piscinas e no xardín botánica da Horta da Botica e o acondicionamento de toda esa zona ao redor da praza Vergara Vilariño e adecuar a zona do campo da festa; e en Láncara noutros espazos.

Agora están á espera de que a Consellería de Emprego lles teña en conta para aprobar este obradoiro que non pedían hai moitos anos.

0.10056185722351