Os concursos de fotografía e microrrelatos do Concello de Sarria deixaron moitos premios
A IV Edición de Fotografía ‘Desde Sarria con Amor’ e a I Edición do concurso de Microrrelatos deixaron varios premios para os gañadores, polas súas fotografías e os seus escritos.
Así, no caso do concurso de fotografía, o primeiro premio foi para Pablo Amancio Paradela Fernández, cun valor de 250 euros; o segundo premio foi para Dolores Castro López, cun premio de 150 euros; o terceiro foi para Paula Sánchez López, cun valor de 150 euros, e o cuarto foi para Víctor Manuel Armesto López, con 50 euros.
Pola súa parte, no concurso de microrrelatos, houbo dúas categorías, a xuvenil de menos de 17 anos, na que foron premiados Amara Alvaredo Casar, con 250 euros, e Santiago Díaz López, con 200 euros; e a adulta, na que Naila María González Rodríguez. recibiu o primeiro premio de 250 euros, mentres que María Casar Díaz recibiu o segundo con 200 euros, Marta López Martínez o terceiro con 100 euros e María Raquel Arias Arias con 50 euros.
Desde o Goberno local sosteñen que houbo “un gran nivel artístico e moita participación”, polo que agradecen aos veciños participantes a súa implicación.