Os creadores do disco 'Xardín das Fadas' presentarán o seu proxecto en directo na Rúa da Música

SarriaXa
Óscar Fernández (Ryu), de Triacastela, e Luis Álvarez (Saha, Eleuvedoblese) veñen de publicar nas plataformas en liña 16 cancións que falan de vivenzas na comarca de Sarria e Lugo
Oscar-Luis-Xardin-das-Fadas-Sarria
7 Feb 2025

Óscar Fernández (Ryu), de Triacastela, e Luis Álvarez (Saha, Eleuvedoblese), de Sarria, actuarán o vindeiro día 14 de febreiro ás 22.00 horas no local da Rúa da Música de Sarria.

Durante este evento, os dous artistas presentarán en directo o seu primeiro disco ‘Xardín das Fadas’, inspirado nas súas vivenzas persoais en Triacastela, Sarria e Lugo.

Neste espazo, ao que poderán achegarse todas as persoas interesadas en escoitar a estes dous artistas da comarca de Sarria en directo, Óscar e Luis mostrarán o seu espazo conceptual e musical sobre unha etapa da súa vida "difusa e desafiante con idas e vidas acumulando preguntas e atopando respostas".

Este disco está formado por 16 cancións, cuxos nomes son: Os Verdes Anos, Plug Na Rúa Non No Grove, Engade Covarde, Outra Vaca No Millo, Qatroccento, Tebra, Eu Xa O Vin Brillar, Forlán Llo Kun, Inerte/Atlantic Birds, Non Fora Tan Malo, Isaiah, Antes De Que Me Levante... 27600, Como Me Cunde, Dragoes Do Porto E Confraría.

0.15197396278381