Os Cursos de Iniciación de Adestradores de Sarria reciben moi boa acollida por parte do alumnado

SarriaXa
Os Cursos de Iniciación de Adestradores do concello de Sarria reciben moi boa acollida por parte do alumnado
curso adestradores sarria
8 sep 2022

Un total de 40 alumnos pecharon esta fin de semana a súa formación presencial nos Cursos de Iniciación de Adestradores en Sarria e Vilagarcía da Federación Galega de Baloncesto.

Agora comezan a súa formación continua e online, un proceso que tamén realizarán da man do profesorado que xa compartiu con eles o seu tempo e experiencia en persoa

Estes cursos, enmárcanse dentro da programación que leva a cabo a FGB de Lugo para esta convocatoria do ano 2022 – 2023 na área de traballo para a nova tempada.

A delegación de Lugo, cuxa sede se atopa en Sarria, abriu estes primeiros cursos no nivel iniciación entre os días 2, 3 e 4 deste mes.

A normativa completa que especifica ao detalle a carga lectiva e a complementaria para os cursos de adestradores neste estado de iniciación, poderá consultarse na web https://www.fegaba.com/

curso adestradores sarria1
0.079794883728027