Os deportistas lucenses visitan aos escolares de Sarria
O pasado 5 de abril, os escolares do Colexio La Merced de Sarria recibiron a visita de Alberto e Clavería, dous xogadores que conforman o banco do Club Deportivo Lugo. Os pequenos de primaria puideron facerlles moitas preguntas e resolver as súas dúbidas sobre o deporte, o fútbol e a súa experiencia. Cada un deles levaron a súa casa unha foto dedicada.
Por outra banda, o club de baloncesto Ensino visitou aos xogadores do CB Sarria. O pasado 7 de abril, o CB Sarria e o Ensino Lugo viviron unha xornada de convivencia. As xogadoras do Ensino falaron da súa experiencia no baloncesto profesional coas nenas e nenos do CB Sarria, nun ambiente extraordinario. Ademais, aproveitouse a oportunidade para felicitar a Noa, Rosa e Lúa que esta fin de semana xogarán coas seleccións galegas os campionatos de España de Mini e Infantil.
Achegar o deporte aos máis pequenos é unha forma de promover os hábitos de vida saudable.
Que equipos de renome na provincia como o CD Lugo e o Ensino se mostren próximos ás novas xeracións son unha oportunidade para crear soños, ilusións e novas metas nos rapaces.