Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no pleno pola Casona do Incio
Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no pleno do martes sobre o que teñen pensado facer PSOE e BNG na Casona do Incio, unha propiedade de titularidade provincial que, como moitas outras, “atópase nun estado de total abandono, deteriorándose a pasos axigantados, en lugar de recuperala e poñela en valor para o uso dos lucenses”.
Dende o Grupo Provincial Popular recordan que no pleno de xullo de 2021 acordouse, por unanimidade de todos os grupos, recuperar este edificio situado no Concello de O Incio, e mentres no se realizaban as obras de mellora apuntalouse para garantir a súa estabilidade e a seguridade de calquera persoa que puidera pasar preto do inmoble.
Dese acordo plenario xa pasaron máis de tres anos “e vemos como a actuación do goberno provincial por recuperar este inmoble brilla pola súa ausencia”.