Os días 2 e 3 de marzo celebrarase a nova edición da Festa do Cocido Porco Celta da comarca de Sarria
Os días 2 e 3 de marzo celebrarase unha nova edición da Festa do Cocido Porco Celta da comarca de Sarria, que chega á súa décimosexta edición. Previa a esta cita gastronómica haberá unha reunión o xoves 1 de febreiro no salón de plenos do Concello para ultimar os detalles.
Así, as persoas e grupos interesados en desfrutar do cocido poderán facelo en algún dos establecementos colaboradores, e que o ano pasado foron o Hotel Alfonso IX de Sarria, o Hotel Roma de Sarria, o Chanto de Sarria, o Camping Vila de Sarria, e o Hotel a Veiga de Samos.
Ademais, tamén se puideron degustar tapas e racións de porco celta noutros nove establementos de Sarria (D'Orixen, Barullo, Don Pepe, La Taza Dorada, El Parisién, 8mm, As the Picas, El Faro, DP Cristal) e un de Samos (Cantina de Renche).
A festa do Cocido conta co patrocinio de Embutidos y Salazones Teijeiro, Panadería Pallares, Panadería Regueiro, Panadería Caldas e Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta.