Os escolares do CEIP Ricardo Gasset reciben a visita do Incio C.F.

SarriaXa
Os membros do club local manifestaron a súa intención de levar a cabo actividades extraescolares, en canto a situación sanitaria o permita.
o incio club fútbol visita ceip ricardo gasset 2
24 Mar 2021

Os escolares do CEIP Ricardo Gasset, do Incio, recibiron este martes unha visita especial, que rompeu a rutina das clases, e mais nestes tempos marcados pola pandemia da covid. Tratouse de representantes do Incio C.F., que mantiveron unha charla cos nenos e nenas para, en primeiro lugar, animalos a facer deporte.

Ademais, os membros do club local trasladaron á comunidade educativa a súa intención de levar a cabo actividades extraescolares, en canto a situación sanitaria o permita.

Na visita, os deportistas aproveitaron para facerlle entrega aos máis pequenos de máscaras infantís co escudo do club.

O Incio Club de Fútbol milita na Segunda Autonómica da provincia de Lugo, grupo sur.

o incio club fútbol visita ceip ricardo gasset
0.076501131057739