Os gañadores da campaña do día do pai de Sarria recolleron o seu premio

SarriaXa
Los ganadores de la campaña del día del padre organizada por la Asociación de Comerciantes de Sarria recogieron su premio.
ganadores dia pai sarria
25 Mar 2022

Os gañadores da campaña promocional que a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolveu con motivo do día do pai recibiron no día de onte os seus premios.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra entre o 10 e o 19 de marzo, cubriron uns boletos cos seus datos para poder gañar un dos cinco vales que se sorteaban (2 de 50 euros e 3 de 30 euros).

Co lema “¡Mercar para o pai no comercio asociado ten premio!” puxéronse en xogo case douscentos euros, esta iniciativa tiña como finalidade premiar as persoas que mercan no comercio asociado.

Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, na que se procura dar valor ao comercio local da vila, dinamizando un comercio de calidade-proximidade-atención.

Este tipo de iniciativas ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte ao Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado.

GAÑADORES
Os gañadores desta edición foron José López Sampedro e María del Carmen Magdalena Díaz cun vale de 50 euros cada un e Cristina Rodríguez Pereira, Lorena Vázquez Fernández e Paloma Martínez Pérez cun de 30 euros respecitvamente. A quinta premiada renunciou ao premio, polo que se fixo uso da primeira papeleta de reserva, ocupando o seu lugar Ana Arias Neira por unha compra na "Joyería Díaz"

Os establecementos nos que mercaron as persoas premiadas foron: “Adrián Salgado Ópticos&Audiológos”, Peluquería Estilo”, “Barja Shoes”, “Atmósfera Sport” e “Joyería Díaz”.

0.097048997879028