Os gandeiros maniféstanse en Lugo polos baixos prezos e o recorte das axudas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os gandeiros sairán á rúa polos baixos prezos e o rescorte das axudas e percorrerán lugo para pararse ante a subdelegación
Gandeiros protesta
18 Apr 2023

Uns 2000 gandeiros e 400 tractores sairon hoxe á rúa na cidade de Lugo polos baixos prezos e os recortes nas axudas. A manifestación que saíu ás 11.30 horas do polígono industrial das Gándaras percorreu as principais rúas da cidade, como a avenida da Coruña ou a Ronda da Muralla.

Os gandeiros, acompañados dunha trintena de vacas, pararon diante da sede da Subdelegación do Goberno onde leron un manifesto para finalizar no edificio administrativo da Xunta de Galicia.

As protestas están organizadas pola Asociación Gandeiros Galegos da Suprema, que foi a lista máis votada nas recentes eleccións á IXP Ternera Gallega, aínda que outras agrupacións como Agromuralla, Agromacen, Aliga ou Proecogal tamén apoiaron a convocatoria.

Entre os motivos desta manifetación están "os baixos prezos, os altos custos de produción e o recorte nas axudas da nova PAC". “O problema de baixos prezos non se resolveu, seguimos sen chegar aos custos de produción, que a propia Xunta fixou, con datos do 2021 que xa están obsoletos, en 6,20€ por quilo, cando neste momento os prezos de venda móvense entre 5,70 e 5,80 euros/kg”, explica Santiago Rego.

Os gandeiros séntense “atrapados nun sistema dominado polos matadoiros e a distribución” no que non teñen “ningún tipo de marxe de manobra”. “Existe unha presión enorme da industria, por parte de distintos operadores, para que asinemos contratos con cláusulas que din que os prezos que nos pagan cubren os custos de produción, tal como establece a Lei da Cadea Alimentaria, cando non é certo, pero se non os asinamos ameázannos con non levarnos os becerros”, denuncian.

Do mesmo xeito, quéixanse de que non existe por parte nin da Xunta nin do Ministerio control de ningún tipo sobre os custos de produción, dado que “os cereais pegaron unha baixada significativa pero o prezo do penso séguennolo cobrando a 500€ a tonelada”, din.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.170578956604