Os grupos Rastreros e Cero2Cero actuarán maña na sala Buril, en Sarria
Maña sábado 19 de novembro a sede da asociación Buril, na vila de Sarria, contará coa presenza dos grupo Rastreros de Chantada na súa xira polo seu 33 aniversario e os monfortinos Cero2Cero.
O evento terá lugar a partir das 22.00 horas e a entrada terá un custo de 6 euros por persoa.
Espérase unha moi boa acollida do evento e que tódolos asistentes desfruten da noite acompañados pola mellor música.
Os Rastreros
Todo se remonta ó ano 1989 cando catro rapaces procedentes das aldeas de Viana, Esmoriz, Camporramiro e Chantada, coinciden no bar chantadino Miño. Alí prodúcese a fusión das formacións La Paja Cubana e Rozando Nos Toxos (RNT) con Xesús López Exposito ‘Heléctrico’ como voz, Marcos Sánchez López ‘Killo’ á guitarra, Xulio López Viana ‘Xullo’ ó baixo e Xoán Camilo Gómez Hermida ‘Richi’ á batería.
Os Rastreros pertencen ó fenómeno bravú que convulsionou a escena galega a mediados dos anos 90. Trátase dun movemento heteroxéneo cunha serie de pautas comúns coma a utilización da lingua galega, unha acérrima reivindicación das raíces, un nivel elevado dos costumes agrícola e rural y sobre todo, moitas gañas de festa.
Pouco a pouco fóronse facendo un nome nas frías terras do Monte Faro, quentando o ambiente a base de moitas revolucións.