Os interesados xa poden inscribirse nas actividades da Asociación Peleriños

SarriaXa
A Asociación Cultural Peleriños de Sarria presentou as actividades que van levar a cabo durante as tardes deste curso de 2023-2024 no Concello de Sarria a partir do vindeiro 16 de outubro.
Asociación Peleriños
6 Sep 2023

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria presentou as actividades que van levar a cabo durante as tardes deste curso de 2023-2024 no Concello de Sarria a partir do vindeiro 16 de outubro.

Así, haberá aulas para adultos os martes, mércores, venres e sábados durante todo o ano, incluídos os meses de xullo e agosto; mentres que para as aulas infantís dedicaranse as tardes dos venres ata maio.

Os adultos terán a opción de elixir entre canto e pandeireta, baile, costura ‘trad’, baile ou gaita e percusión, mentres que os máis pequenos poderán asistir a baile ou a gaita e percursión.

Aulas Peleriños Sarria
⚙ Configurar cookies
0.41387295722961