Os maiores do Páramo poderán desfrutar de clases de pilates e ximnasia de mantemento

SarriaXa
Os maiores do Páramo poderán desfrutar de clases de pilates e ximnasia de mantemento a partir do día 15 de novembro
maiores pilates
11 Nov 2022

Comezan a impartirse no Páramo a partir do vindeiro 15 de novembro as actividades de pilates e ximnasia de mantemento no pavillón municipal para tódolos os interesados.

Pilates impartirase a partir do día 17, tódolos xoves de 21.00 a 22.00 horas. Mentres que ximnasia de mantemento será impartida os martes en horario de 21.00 a 22.00 horas.

Aínda hai prazas dispoñibles e todo aquel que o desexe pode anotarse no concello ou ben chamando ó teléfono 982 539 156.

As disciplinas

O pilates é un método de adestramento que tivo a súa orixe nos anos 40 malia que non foi os 90 cando se puxo de moda en España. Converteuse nunha das prácticas favoritas en canto a deporte se refire e non é para menos xa que axuda a mellorar a nosa condición física e mental.

O método pilates é un conxunto de movementos controlados para o corpo e a mente que se realizan sobre colchóns e máquinas de pilates deseñadas especialmente para unha correcta execución. Serve para lograr un equilibrio e mellorar a nosa musculatura, flexibilidade e axuda á nosa paz mental.

Con respecto á ximnasia de mantemento destinada a personas maiores, está composta por exercicios variados de actividade física adaptada para todos nun nivel leve, enfocado sobre todo en manter e mellorar a condición física do corpo.

actividades maiores oparamo
0.16120290756226