Os máis pequenos do CEIP Samos gozaron dunha xornada musical chea de ritmo e creatividade

A ANPA do CEIP Samos organizou recentemente unha xornada lúdico-educativa centrada na música, dirixida ao alumnado máis novo do centro. Durante a sesión, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo dos sons a través de diferentes propostas dinámicas e participativas.
A actividade comezou cun obradoiro de creación de instrumentos de percusión, conducido por Creados Centro Educativo, no que o alumnado deu renda solta á súa imaxinación e creatividade. A continuación, o músico Carlos Vilariño guiou aos participantes nunha viaxe polo ritmo tradicional galego, acompañando a sesión co son do bombardino e versionando pezas clásicas da nosa cultura.
“Foi un auténtico subidón de enerxía a ritmo de batucada”, sinalaron desde a ANPA, que tamén destacou o peche da xornada cun espazo de relaxación musical pensado para favorecer o benestar emocional dos pequenos tras unha intensa tarde de actividade.
Con propostas coma esta, a ANPA continúa apostando por iniciativas que fomenten a expresión artística e o coñecemento das tradicións galegas desde idades temperás.