Os Meigallos FS conta este ano con catro equipos en liga galega
Os Meigallos FS continúa a súa andaina nas diferentes categorías nesta tempada 2021-2022. Despois do pasado ano, no que moitas das ligas comezaron nunhas datas pouco habituais e cun calendario máis pequeno do normal, a situación empeza a retomar a normalidade.
No caso dos Meigallos FS, xa son tres os equipos que comezaron a liga. Primeiro fixérono o fin de semana do 18 e 19 de setembro o equipo cadete e o equipo xuvenil, ambos de liga galega para que, ao fin de semana seguinte, o do 25 e 26, o fixera o equipo infantil, tamén de liga galega.
Grazas a isto, o pavillón municipal O Chanto volveu retomar a súa actividade en canto a partidos de fútbol sala e, a pesar de que aínda non se puido celebrar ningún partido co aforo ao 100%, a afección responde nestes partidos.
Hai que lembrar que este ano, o club sarriao conta con catro equipos en liga galega entre os que se atopan o equipo infantil, o equipo cadete, o equipo xuvenil e o equipo sénior. Este último aínda non comezou a súa respectiva liga, na que tamén se atopan equipos como o IM Galical Rábade FS, o Coviran Quiroga FS, o Castroverde FS ou o CP Casás.
Así pois, a competición de Preferente Galicia FS, según a resolución da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), empezará o vindeiro 17 de outubro coa disputa da xornada 3 e co protocolo sanitaria vixente nese momento. Ademais, a xornada 1 e 2 quedarán suspendidas e pasarán a xogarse o 5 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente. Pola súa parte, estas datas poderán ser modificadas se así o acordan os clubs, segundo o reglamentariamente disposto.