Os militares instrúense realizando o Camiño de Santiago dende Sarria

SarriaXa
El Camino de Santiago desde Sarria vuelve a ser una prueba de entrenamiento para los militares de la Academia del Ejército del Aire.
frecha camiño santiago
27 Feb 2022

O Camiño de Santiago volve a ser unha proba de adestramento, nesta ocasión para 42 alumnos da Academia Básica do Aire, un centro docente militar de La Virgen del Camino en León.

Esta peregrinación deu comezou no día de onte en Sarria, cos alumnos realizan o roteiro un tenente e o capelán castrense ademais do apoio da Garda Civil de Lugo.

Neste adestramento participan alumnos e alumnas dos tres cursos de formación, de todas as partes de España, sobre todo do sur da península que se están realizando á instrución para optar ao rango de suboficial do Exército do Aire.

Os alumnos realizan as etapas en diferentes períodos de tempo, por iso, antes da pandemia algúns membros do centro realizaron a peregrinación dende O Cebreiro ata Sarria. Nestes días retoman o camiño para realizar a etapa que vai dende esta vila ata Portomarín. A continuación farán a segunda etapa ata Palas.

Será despois de Semana Santa cando continúen co Camiño de Santiago ata chegar á cidade santa. Este tipo de actividades axuda a formar aos alumnos e promoven a convivencia.

0.13627886772156